Que información buscas?
7.816 km de rede aérea
2.306 km de rede subterránea
3.197 Centros de Transformación
15 N.º de subestacións AT e AT/MT
As redes de distribución de Begasa permiten que a electricidade chegue a cada punto de consumo. A acometida é o punto de entrega da enerxía eléctrica por parte da empresa subministradora a cada edificio. En principio, cada edificio terá unha soa acometida, aínda que se poden establecer acometidas independentes en caso de subministracións cuxas características especiais así o aconsellen. A instalación e propiedade das redes de distribución e das acometidas é da empresa subministradora, polo que é responsabilidade de Begasa levar a cabo o mantemento e reparacións destas.
- Instalación individual: Cada un dos veciños do edificio será responsable desta parte da instalación, que é a encargada de derivar a subministración de electricidade a cada vivenda e de facela chegar aos distintos aparellos eléctricos. O propietario de cada unha das vivendas ás que chegan estas instalacións será o responsable de levar a cabo o seu correcto mantemento e as súas revisións periódicas.
- Instalación común: Se o edificio ten varios propietarios, esta parte da instalación será compartida por todos os veciños e, polo tanto, deberá estar situada nunha zona común do edificio. A comunidade de propietarios é a responsable do seu mantemento e de contratar as súas correspondentes revisións periódicas.
Recomendámosche prestar especial atención ás túas instalacións para que funcionen correctamente e goces con maior seguridade de todas as prestacións que che ofrece a electricidade de Begasa.