No meu fogar ou no meu negocio
No meu fogar ou no meu negocio

Se non tes luz, dános un aviso de avaría.

Na vía pública
Na vía pública

Infórmanos de situacións de risco nas nosas instalacións.

Mapa interactivo da rede
Mapa interactivo da rede

Consulta se hai avarías ou traballos programados na túa zona.

Certificado de avaría
Certificado de avaría

Se precisas un certificado de ausencia ou fallo de subministración, emitímoscho.

Trámites coa distribuidora
Trámites coa distribuidora

Desconformidade ou atraso nos teus trámites coa distribuidora.

Atención persoal
Atención persoal

A atención recibida non foi correcta ou vulnerouse a privacidade dos teus datos.

Os meus consumos
Os meus consumos

Erros no consumo facturado.

Situación de instalacións
Situación de instalacións

Dano producido por instalacións da empresa distribuidora.

Falta de subministración e avarías eléctricas
Falta de subministración e avarías eléctricas

Danos producidos por ausencia ou fallo na subministración eléctrica.

Falta de subministración e avarías eléctricas
Devolución de fianza

Para solicitar a devolución de fianza ou depósito de garantía.

Falta de subministración e avarías eléctricas
Información sobre o teu contador

Se tes dúbidas sobre o teu contador ou medida, axudamoste.

Incidencias na web
Incidencias na web

Se ten problemas coa páxina web, te axudamos.

Consulta o código CUPS
Consulta o código CUPS

Facilitámosche o código CUPS preciso para contratar.

Se o teu equipo está incluído dentro da campaña de substitución, debe ser substituído ao amparo da lexislación aplicable. Se o teu equipo ten menos de 15 anos tes dereito á exención de alugamento do novo equipo pola vida útil restante do teu antigo contador.

O contador dixital automatiza a maior parte das xestións que se realizan sobre a subministración e transmite información detallada deste: perfil de consumo, potencia máxima, notificación de incidencias etc.

Posteriormente á instalación do novo equipo de medida, deixarémosche na caixa do correo información sobre o contador e as capacidades dos equipos en relación coa xestión e seguimento do consumo enerxético.

A continuación, coñece máis do seu funcionamento segundo o tipo de contador que teñas:

O usuario recibirá unha carta na que se lle informará do cambio de equipo. Uns días antes, colocarase no portal ou nalgún lugar visible un cartel informativo da campaña. O día anterior á substitución, colocarase outro para indicar a data e a hora.

No momento da substitución e antes de executala, avísase individualmente a cada usuario. O tempo de substitución é duns poucos minutos.

Os datos adquiridos a través do sistema de telexestión son unicamente os esenciais para a xestión do teu contrato de distribución de enerxía eléctrica e utilízanse exclusivamente para este fin.

Permíteche proporcionar comodamente a BEGASA Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S. A. a medida do teu contador cando se da algunha destas situacións:

  • Estás ausente no momento da lectura (contadores non telexestionados)
  • Non estás conforme coa lectura realizada

Para obtener a lectura do teu contador consulta o manual do equipo:


Unha vez tomada, para poñela á nosa disposición, preme aquí.

O máis probable é que excederas a potencia do teu contrato. Sube e baixa o interruptor xeral da túa instalación tras desconectar algúns aparellos conectados á rede. Unha vez feito isto, o servizo reporase de novo.

Si, o usuario final pode escoller o réxime no que desexa ter o equipo. Por tanto, queda á túa elección ter o contador en réxime de propiedade ou alugalo á compañía distribuidora. Para adquirilo, podes contactar coas canles indirectas que figuran na listaxe adxunta.

Con carácter previo á solicitude de alta ou de modificación de condicións contractuais deberase solicitar a verificación previa do equipo de medida mediante un correo electrónico enviado a un dos seguintes enderezos:

  • Para subministración de baixa tensión, medida.tipo3.bt@viesgo.com
  • Para subministración de alta tensión, at.laboratotio@viesgo.com

O título do asunto será "SOLICITUDE DE VERIFICACION DE EQUIPO DE MEDIDA" seguido do CUPS da subministración.

No corpo da mensaxe incluiranse os seguintes datos:

  • Nome do titular.
  • Dirección da subministración, incluíndo a localidade e provincia.
  • CUPS.
  • Nivel de tensión.
  • Potencia a contratar.
  • Teléfono de contacto.
  • Propiedade do equipo de medida (indicar se se achegará un contador propiedade do cliente ou se se solicita un contador en réxime de alugamento).

Do mesmo modo, deberanse anexar no correo os seguintes documentos:

  • Protocolos de verificación en orixe dos transformadores de medida.
  • Ficha de datos do novo equipo de medida. Descargable aquí.
  • No caso de que o contador-rexistrador sexa propiedade do titular da subministración, o protocolo de verificación en orixe deste e a súa autorización de uso.

Unha vez revisada a solicitude, BEGASA Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S. A. responderá polo mesmo contestará polo mesmo medio (correo electrónico) e indicaralle os pasos que deben seguir para realizar a verificación do equipo de medida no noso laboratorio.

Unha vez identificado co teu usuario, podes consultar canto levas consumido premendo aquí.

Se a túa facturación é con maxímetro, podes consultar a potencia máxima medida polo teu contador na nosa web premendo aquí e seleccionando o combo de Magnitude-Potencia. Esta é a potencia que se tomará para facturar.

Se a túa facturación non é con maxímetro, non se mostrará o máximo de potencia alcanzado nun certo momento, senón unha media da potencia que usaches na hora de maior demanda do teu servizo medida en vatios. Podes facer a consulta premendo aquí.

 

PROCESO DE ALTA

Na seguinte imaxe reflíctense os pasos da posta en servizo dunha subministración eléctrica:

¿Sabes cómo dar de alta un suministro eléctrico?
  • Todo empeza nunha comercializadora, onde debes solicitar a nova subministración.
  • Ela envía a petición á Distribuidora (nosoutros, Begasa).
  • Nosoutros comprobamos que cumpre os criterios técnicos e inclúe a documentación esixible.
  • En caso favorable, informamos a Comercializadora e conectamos a subministración (ata 5 días de prazo).
  • Se se rexeita, comunícase os motivos á Comercializadora, que te os debe informar.

O autoconsumo eléctrico é unha modalidade de consumo que permite a calquera persoa física ou xurídica producir electricidade renovable para o seu propio consumo instalando paneis solares fotovoltaicos ou outros sistemaas de xeración renovable. Supón un aforro na factura eléctrica e unha menor dependencia aos cambios de prezo, xa que unha parte do consumo se cobre coa enerxía xerada polo sistema de autoconsumo.

Como o consumidor non sempre vai aproveitar toda a enerxía que estea xerando, existen dous tipos de autoconsumo de acordo co destino que se lle vaia dar á enerxía excedentaria (enerxía "sobrante"):

  • Modalidade de autoconsumo sen excedentes: a instalación de autoconsumo conta con dispositivos que impiden que a enerxía excedente se verta á rede. Esta enerxía pérdese.
  • Modalidade de autoconsumo con excedentes: a enerxía excedente nalgúns casos véndese, é dicir, vértese á rede eléctrica e recíbese unha contraprestación económica por ela; noutros casos, pódese compensar na factura eléctrica cos consumos realizados noutro período temporal.

A normativa de aplicación para máis información é a seguinte:

Que é o autoconsumo?

Cando un cliente realiza unha solicitude para atender unha nova subministración ou outro servizo que poida ter afección sobre a rede de distribución, é preciso redactar un informe técnico. Neste documento infórmase do detalle daqueles traballos precisos, tanto nas instalacións de Begasa coma nas do cliente, para poder atender esta solicitude. Xunto con este informe remítese outro económico no que se especifica o importe dos traballos, cales poden ser desenvoltos polo cliente e cales unicamente por Begasa.

En resumo, a parte técnica denomínase "Prego de condicións técnicas" e a económica "Orzamento"; ambos documentos compoñen o informe técnico.

O informe técnico require frecuentemente: a visita en campo das instalacións existentes, a análise correspondente das mesmas e a elaboración da proposta que proceda en función do solicitado, por tanto, precisa dun tempo para a súa completa elaboración e envío ao solicitante.

O número de informe é un número de identificación único para a súa solicitude.

Depende das características da túa solicitude (potencia/tensión) e das obras que sexa preciso realizar para atender a subministración que solicitas.

No RD 1955/2000, artigo 103 sobre a calidade da atención ao consumidor, podes revisar os prazos de resposta que veñen regulados. Do mesmo xeito, no RD 1183/2020, artigo 13, establécense os prazos para a remisión da proposta previa ao solicitante.

Si. No apartado 2 (datos do cliente e da factura) do orzamento económico detallado, podes comprobar os datos dos que dispoñemos para proceder á facturación e as instrucións para modificalos en caso de necesidade. Ademais, na alta da solicitude por esta web dámosche a opción de indicar a dirección fiscal que precises.

Dependerá do tipo de solicitude e das obras que sexan precisas realizar para a atención da subministración solicitada. Os prazos de execución veñen regulados no RD 1955/2000, artigo 103.

Na seguinte imaxe reflíctense os pasos da posta en servizo dunha subministración eléctrica.

Cal é o ciclo dunha solicitude de alta / modificación de contrato?
  • Todo comeza nunha comercializadora onde debes solicitar a nova subministración.
  • Esta envía a petición á distribuidora (nós, Begasa).
  • Nós comprobamos que cumpre os criterios técnicos e inclúe a documentación esixible.
  • En caso favorable, informamos á comercializadora e conectamos a subministración (ata 5 días de prazo).
  • Se se rexeita, comunícanse os motivos á comercializadora, que chos ten que comunicar a ti.

Unha vez inicies sesión podes facer o seguimento da túa solicitude premendo aquí.

No caso de que a túa solicitude sexa unha alta nunha subministración que nunca antes tivera luz, sempre será preciso que acudamos á instalación.

Para outras solicitudes sobre o teu contrato, dependendo do teu contador poderemos realizar a petición en remoto ou iremos á instalación.

No caso de ter que desprazarnos á túa subministración porémonos en contacto contigo para concertar unha cita.

Preme aquí se queres facilitar un novo teléfono de contacto.

Para saber os motivos do rexeitamento, unha vez inicies sesión na nosa web, preme aquí.

ALTA DUNHA SUBMINISTRACIÓN NOVA

Se a túa solicitude de alta é sobre un produto que non tivo subministración eléctrica con anterioridade, é preciso que nos aportes un CIE.

ALTA DUNHA SUBMINISTRACIÓN QUE TIVERA SERVIZO CON ANTERIORIDADE E MODIFICACIÓNS DE POTENCIA

Para disminucións de potencia, a distribuidora NON solicita CIE.

Para aumentos de potencia ou alta dunha subministración que tivera servizo anteriormente:

  • Se a potencia que solicitas é menor ou igual que a potencia máxima admisible que figura no teu CIE actual:
    • Se está en vigor (menos de 20 anos), NON che pedimos un novo.
    • Se ten máis de 20 anos poderemos realizar unha verificación e, se a instalación eléctrica da túa subministración non a supera, solicitarémosche un CIE novo. Se a solicitude é para un punto que non é unha vivenda, é preciso que nos aportes un CIE ou unha OCA en vigor.
  • Se a potencia que solicitas é maior que a potencia máxima admisible que figura no teu CIE actual, precisamos un novo que soporte a nova potencia que precisas.
  • Tamén será preciso un novo CIE se a tensión solicitada para a subministración é diferente da última contratada (p. ex., cambio de monofásico a trifásico ou viceversa).

CAMBIOS DE ACTIVIDADE

Para calquera tramitación, se se vai realizar un cambio de actividade, é preciso aportar un novo CIE en que figure a nova actividade.

 

O depósito de garantía é un importe que require a empresa distribuidora como fianza para asegurar o cumprimento das obrigas contractuais.

Este importe devólvese ao remate do contrato ou tras unha redución de potencia.

Deberán constituír o depósito de garantía todos os consumidores que contraten directamente o acceso á rede coa empresa distribuidora.

Pola contra, estarán exentos de constituír o depósito de garantía todos os clientes que contraten o acceso á rede a través dunha empresa comercializadora, segundo comunicación realizada por Begasa á Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas con data 3 de febreiro de 2016, con efectos dende o mes de xaneiro de 2016.

A fianza cobrada no momento da contratación será devolta ao titular do contrato ou persoa debidamente autorizada por este.

Cando se produza un movemento contractual que xere esta devolución enviaremos unha carta á dirección da subministración. Para devolverche o importe necesitamos o teu número de conta. Podes facilitalo aquí unha vez identificado co teu usuario.

Cal é a diferenza entre a factura da comercializadora e a da distribuidora?

As tarifas de acceso, tamén chamadas peaxes, son uns gastos regulados pola administración que o cliente debe pagar na súa factura para cubrir os custos do sistema eléctrico. Nestes gastos inclúense todos os gastos fixos ou variables que non van ligados á comercialización da enerxía, é dicir, gastos de infraestrutura, mantemento, empresas xestoras...

Esta tarifa factúraa a distribuidora ás comercializadoras, que son as que finalmente llo repercuten ao cliente final. A distribuidora fai de recadadora para o sistema eléctrico. Importes que ingresa por estes conceptos son transferidos á Comisión Nacional de Mercados e Competencia, que é o ente encargado de xestionar estes ingresos para o sistema.

A enerxía reactiva aparece nas instalacións eléctricas cando se utilizan aparellos que precisan crear campos magnéticos e eléctricos para o seu funcionamento, isto é, aparellos que dispoñen de bobinas e condensadores, tales como os motores dos frigoríficos e conxeladores, os ascensores, os fluorescentes ou os transformadores, entre outros.

A enerxía reactiva provoca perda de potencia útil nas instalacións, aumento das perdas, sobrequecementos dos condutores eléctricos, menor rendemento nos aparellos eléctricos conectados e caídas de tensión e perturbacións na rede eléctrica, o que xera unha serie de custos que deben ser trasladados aos usuarios que os inducen.

Coa facturación por enerxía reactiva preténdese dar un sinal de prezos aos consumidores que incentiven comportamentos eficientes, de tal maneira que cando xeren reactiva instalen equipos que compensen a enerxía reactiva da rede.

A regulación establece o rango de factor de potencia que deben cumprir todos os consumidores, excluídos os conectados en baixa tensión con potencia contratada igual ou inferior a 15 kW, para os que non existe obrigación.

Así mesmo, establece que a facturación por enerxía reactiva será aplicable ao exceso de enerxía reactiva sobre a enerxía consumida de cada período, sempre que o factor de potencia se atope fóra dos limiares establecidos para cada período.

 

Segundo o Art. 15 do regulamento de baixa tensión, o responsable da instalación a partir da caixa xeral de protección (incluída) é o propio usuario.

Así mesmo, se tes o contador alugado a Begasa, no caso de avaría deste, farémonos cargo da súa reparación.

Lembra que as avarías orixinadas na parte da instalación da túa responsabilidade deberás reparalas pola túa conta, cunha empresa ou instalador eléctrico autorizado.

Para máis información, preme aquí.

Para informar dunha avaría na túa subministración, preme aquí.

Para comprobar el estado de tu avaría preme aquí.

Unha vez identificado co teu usuario, podes consultar o estado da túa subministración premendo aquí.

Podes abrir unha nova reclamación premendo aquí.

ciclo reclamación

Unha vez identificado co teu usuario, podes consultar o estado da túa reclamación premendo aquí.

Para poder tramitar unha reclamación en que nos solicites indemnización económica, deberás xustificar debidamente dito dano entregándonos a documentación pertinente como, por exemplo, facturas de reparación, marca e modelo de aparatos danados, así como o ano de fabricación, tickets de compra, imaxes... Deberás achegala no momento da apertura da reclamación.

O obxectivo de Begasa é a resolución de todas as queixas e reclamacións no menor tempo posible, sendo na actualidade o prazo medio de resolución inferior a 15 días.

O tempo medio por cada estado intermedio da reclamación é de 4 días (análise, solicitude de información adicional, pendente de actuación de departamento e peche).

Non obstante, no caso de actuacións puntuais estes prazos poden dilatarse. Por este motivo podes dispoñer de dita información consultando o teu expediente nesta web, premendo aquí.

 

Podes rexistrarte desde a web ou desde a app. En ambos casos, deberás premer en “Área privada” e proporcionarnos NIF, CUPS, correo electrónico, teléfono móbil, contrasinal e aceptar as condicións legais. No caso de ser instalador, pedirémosche o teu número de instalador, NIF, correo electrónico, contrasinal, teléfono e aceptar as condicións legais.

Posteriormente deberás:

  • Desde a web: acceder ao teu correo electrónico e premer na ligazón proporcionada.
  • Desde a app: copiar e introducir o código que recibirás nunha mensaxe SMS no teu móbil.

(*) Consumidor: podes atopar este código na túa factura da luz. É un código de 22 caracteres que comeza por ES 0027 ou ES 0033.

(**) Produtor: introduce os 20 caracteres do código CUPS, sen incluír a terminación -001. Se aínda non es cliente, preme en "Non dispoño de CUPS" e enche correctamente o resto dos campos indicados no formulario.

Para recuperar o teu contrasinal deberás premer en "Esquecín o meu contrasinal", que atoparás na pantalla de inicio de sesión e facilitarnos o teu (DNI/NIE/CIF...).

Posteriormente:

  • Enviarase un correo electrónico de recuperación de contrasinal e tras clicar no link proporcionado poderás introducir o teu novo contrasinal e a confirmación desta.

A dirección de correo electrónico pódese modificar a través da páxina web, accedendo á túa área privada no apartado de Modificar os meus datos, premendo sobre o lapis que aparece ao lado do correo electrónico.

No caso de ter máis dun CUPS, non precisarás máis dun usuario. Co mesmo NIF poderás acceder aos teus diferentes contratos, que aparecerán na pantalla principal en "Os meus contratos - Selecciona o contrato que queres consultar” e mostraranse en formato despregable.

Para cancelar a túa conta online deberás acceder á túa área privada desde o apartado de Modificar os meus datos, facendo clic en "Solicitar baixa".

Si, para ambos poderás abrir desde a área privada calquera trámite, consulta ou reclamación non relacionada cun contrato en particular. En calquera caso, é moi recomendable rexistrarse en liña para poder facer seguimento do proceso e para facilitar as comunicacións.

Os usuarios con contratos inactivos tamén poderán abrir reclamacións, peticións e trámites asociados a ese contrato sempre que faga menos dun ano que ese contrato pertenceu a ese usuario.

Nel pódense ver as avarías (asociadas ao meu CUPS), as interrupcións programadas (asociadas ao meu CUPS) e a área de distribución.

Para autorizar a outra persoa que poida acceder a la información de tus subministracións y realizar trámites no teu nome, preme aquí.

Un representante pode realizar calquera trámite no teu nome e terá acceso a toda a información das túas subministracións. Accederá á túa área privada coas súas credenciais, pero verá o mesmo que ves ti.

Si, podes autorizar a máis dunha persoa ao mesmo tempo.

Se te autorizaron como representante, debes acceder á área privada da web, rexistrándote se non tes usuario ou iniciando sesión como ata agora. Podes facelo premendo aquí.

Si, se es cliente de Begasa poderás utilizar a app “Begasa”, que está dispoñible tanto en App Store (iOS), como en Google Play Store (Android), e é gratuíta!

 
Dicionario
Dicionario

Consulta palabras ou termos coa súa definición respectiva.

Electricidade: Orixe e historia
Electricidade: Orixe e historia

Descúbreo.

Dereitos de contratación
Dereitos de contratación

Consulta as cotas de cada tipo de dereito de contratación.

Comercializadoras electricidade
Comercializadoras electricidade

Consulta o listado de comercializadoras publicado pola CNMC.