Acometida: Ramal da instalación eléctrica que conecta a rede de distribución da empresa
e a Caixa Xeral de Protección (CGP).
Acometida en baixa tensión: Ramal da instalación eléctrica que conecta a rede de
distribución da empresa e a caixa xeral de protección para subministracións en baixa tensión.
Alugueiro do equipo de medida: Cota mensual que se debe pagar á empresa distribuidora
no caso de que o contador sexa da súa propiedade. Esta cota determínase anualmente a través dunha
orde ministerial.
Alta do contrato: Actuacións requiridas para que a contratación dunha subministración
sexa efectiva.
B
Baixa tensión: Subministración con tensión inferior a 1.000 V.
Baixa do contrato: Rescisión do contrato que vincula a empresa e o cliente para unha
subministración concreta.
C
Caixa Xeral de Protección (CGP): Caixa na que están os elementos de protección da liña
repartidora. Coincide co inicio da propiedade das instalacións eléctricas dos clientes.
Carga total dun edificio: Total resultante de sumar as cargas eléctricas
correspondentes ás vivendas, aos servizos do edificio e dos locais comerciais.
Carga total dos servizos xerais: Total resultante de sumar as cargas correspondentes
aos ascensores, a iluminación das escaleiras e os servizos comúns dun edificio.
Centro de transformación: Instalación provista dun ou varios transformadores redutores
de alta a baixa tensión, coa aparamenta eléctrica e obras complementarias precisas.
Cliente cualificado: Tipo de consumidor que cumpre os requisitos legais vixentes no
momento para acceder a comprar a enerxía no mercado liberalizado de produción, pagando unha tarifa
ao distribuidor pola utilización das súas redes para transportar dita enerxía ata o punto final de
consumo.
Complemento por discriminación horaria: Recarga ou desconto que se aplica sobre o termo
de enerxía a unha subministración, unha tarifa contratada determinada, en función da hora do día en
que realiza os seus consumos.
Complemento tarifario: Recargas ou descontos asociados ao tipo de tarifa escollida polo
cliente e ás características do seu equipo de medida.
Consumo: Número de quilowatts/hora utilizados para que funcione un aparello eléctrico
durante un tempo. Depende da potencia do aparello e do tempo que estea funcionando.
Consumos (estimación de): Cálculo realizado en función do historial de consumo do mesmo
período do ano anterior, se o houbese, que se atribúe a unha subministración, nun período de tempo
determinado, cando non se coñece o consumo real para a súa facturación.
Contador: Instrumento que mide a enerxía consumida. Pode ser propiedade do cliente ou
da empresa subministradora. Mide os consumos en kWh.
Contrato a tarifa: É aquel contrato de subministración con prezo fixado polo Goberno a
tarifas eléctricas.
D
Dereitos de contratación: Importe que a empresa subministradora ten dereito a percibir,
en función da lexislación vixente, cando se contrata unha subministración de enerxía eléctrica.
Dereitos de enganche: Importe que ten dereito a empresa subministradora a percibir pola
conexión das súas instalacións coas do cliente, así como pola conexión ou desconexión do equipo de
medida.
Dereitos de verificación: Importe que ten dereito a percibir a empresa en concepto de
verificación da instalación particular do cliente.
Discriminación horaria: Separación mediante os contadores adecuados dos consumos de
enerxía en períodos ou espazo de tempo previamente establecidos (horas punta, val, chan, días pico
ao ano, días altos ao ano, etc.).
Dobre barra: Tipo de subestación que consta de dúas barras e na que os circuítos poden
conectarse a cada unha delas.
E
Enganche: Conexión dunha instalación á rede a través da acometida.
Equipo de control: Disposición que ten por misión controlar a potencia (ICP) ou medir a
potencia demandada (maxímetro).
Estimación: Consumos que se atribúen a unha subministración, nun período de tempo
considerado, se non se coñecen os seus consumos reais para a súa facturación. Calcúlase en función
dos históricos de consumos do mesmo período do ano anterior, se os houbese.
F
Facturación: Operacións a través das cales a empresa eléctrica calcula e especifica as
cantidades debidas polo cliente polos consumos de enerxía realizados nun tempo determinado e por
outros conceptos derivados das características da súa subministración.
Facturación básica: É a suma dos termos de potencia e enerxía.
I
ICP: Siglas correspondentes ao interruptor de control de potencia, aparello eléctrico
que permite limitar a potencia máxima que se pode empregar nunha subministración.
IGA: Sigla correspondente a Interruptor Xeral Automático. Aparello eléctrico que
funciona como interruptor de protección xeral de todos os circuítos dunha subministración.
Instalación (posta en servizo): Alta da conexión de instalación á rede.
Instalación eléctrica: Conxunto de aparellos e circuítos asociados, en previsión dun
fin particular: produción, conversión, transformación, transmisión, distribución ou utilización da
enerxía eléctrica.
K
Quilowatt: Unidade de potencia que equivale a mil watts (kW).
Quilowatt hora: Unidade de enerxía eléctrica utilizada para medir o consumo de enerxía
(kWh).
L
Local de centralización de contadores: Espazo acondicionado de acordo coa normativa
utilizado para aloxar os contadores dun mesmo edificio.
M
Modelo de rede de referencia: Ferramenta de cálculo dunha rede de distribución de
enerxía eléctrica que, baseándose en criterios técnicos de planificación, detalla os seus custos de
inversión, mantemento e operación dende os niveis de tensión da rede de transporte ata os clientes
finais.
P
Petición de subministración: Solicitude realizada á empresa eléctrica por parte do
cliente para obter subministración de enerxía eléctrica ou modificar a existente.
Petición de subministración definitiva: Petición que solicita subministración de
enerxía eléctrica sen determinar o tempo de duración da subministración.
Potencia: Capacidade dos aparellos eléctricos para producir traballo (a cantidade de
traballo realizado na unidade de tempo). A unidade de medida é o watt (W) ou o quilowatt (kW).
Potencia contratada: Vén determinada na póliza.
Potencia demandada: Aquela alcanzada por unha subministración durante un período
determinado.
Potencia de facturación: É o número de quilowatts facturados.
Potencia instalada: Suma das potencias nominais dos aparellos de consumo dun cliente.
Potencia máxima: Valor da maior das potencias demandadas durante un período no punto de
entrega da subministración. Denomínase tamén potencia de punta.
Potencia nominal: Potencia máxima que demanda un receptor en condicións normais de uso.
Consta na placa de características do aparello.
Potencia reactiva: Potencia absorbida por un receptor e que non produce traballo útil.
Prezo do termo de potencia: Valor facturado por unidade de potencia (kW) para un
período determinado.
Punto de medida: Local do predio en que se atopan un ou varios aparellos de medida.
R
Recibo: Impreso normalizado no que se detalla a facturación de enerxía eléctrica.
Rede aérea de baixa tensión: Conxunto de liñas aéreas para a distribución de enerxía
eléctrica con tensións inferiores a 1 kW.
Rede aérea de media tensión: Conxunto de liñas aéreas para a distribución de enerxía
eléctrica con tensións comprendidas entre 1 kW e 36 kW.
Rede de alta tensión: Conxunto de liñas aéreas para a distribución de enerxía eléctrica
con tensións comprendidas entre 220 kW e 50 kW.
Rede subterránea de baixa tensión: Conxunto de liñas subterráneas para a distribución
de enerxía eléctrica con tensións inferiores a 1 kW.
Rede subterránea de media tensión: Conxunto de liñas subterráneas para a distribución
de enerxía eléctrica con tensións comprendidas entre 1 kW e 36 kW.
S
Simple barra: Tipo de subestación na que todos os circuítos están directamente
conectados a unha soa barra.
Sistema de protección: Dispositivo que protexe fronte aos efectos das sobreintensidades
e sobretensións que, por distintas causas, poden producirse nas redes.
Sobrecarga: Prodúcese se a suma da potencia dos aparellos que están conectados a un
circuíto é superior á potencia para a cal está deseñado o circuíto da instalación.
Subestacións: Conxunto de aparamenta eléctrica e edificios precisos para transformar a
tensión e conectar dous ou máis circuítos.
Subministración de baixa tensión: Aquela cuxa tensión nominal de alimentación é
inferior ou igual a 1000 W.
T
Tarifa: Regularización das cantidades que un cliente ten que pagar polo uso da
electricidade.
Tarifa (dobre): Aquela que comporta dous prezos diferentes segundo as horas do día.
Exemplo: Tarifa 2.0 N.
Tarifa de acceso: É o valor das peaxes correspondentes ao uso das redes de distribución
e transporte. Estas peaxes están reguladas polo Goberno.
Tarifa básica: Tarifa de enerxía eléctrica composta dos termos de facturación de
potencia e enerxía.
Tarifa integral: Importe que se debe pagar polo consumo dun kWh que inclúe tanto o
custo de produción da enerxía como o do transporte e distribución desta ata o cliente final.
Telexestión: Sistema baseado na instalación de contadores intelixentes que mediante
comunicación PLC permite o acceso remoto ao contador para a recollida de lecturas, modificación dos
parámetros do contrato, xestión da demanda e xestión da rede de baixa tensión.
Termo de enerxía: É o produto de multiplicar a enerxía consumida durante un período de
facturación polo prezo do termo de enerxía.
Termo de potencia: É o resultado de multiplicar a potencia que se vai facturar polo
prezo do termo de potencia.
TIEPI: Número de horas de interrupción da subministración do total da potencia
instalada que equivale ao sumatorio ponderado dos tempos reais de interrupción da subministración
das potencias parciais correspondentes.
Titular de pago: Persoa ou empresa que asume o pago das facturas de enerxía eléctrica.
Pode ser o mesmo ou non que o titular do contrato.
Z
Zona rural: Conxunto de núcleos dunha provincia cun número de subministracións inferior
a 2.000.
Zona semiurbana: Conxunto de núcleos dunha provincia cun número de subministracións
entre 2.000 e 20.000, excluíndo capitais de provincia.
Zona urbana: Conxunto de núcleos dunha provincia con máis de 20.000 subministracións,
incluíndo capitais de provincia aínda que non cheguen a esta cifra.