900 101 051

Os nosos accionistas

O capital social de Begasa está participado por Viesgo, que posúe o 99,89 % do capital social. Existe ademais unha participación de accionistas minoritarios do 0,11 %. Cun equipo de máis de 1000 profesionais, Viesgo opera nos mercados liberalizados de xeración e comercialización e nos mercados regulados de distribución de enerxía eléctrica.

Viesgo Generación, S.L. conta cun parque instalado de 4150 MW nas súas plantas situadas en Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela e León e Cataluña.

Viesgo Renovables, S.L. conta na actualidade cunha gran carteira de proxectos en operación e desenvolvemento emprazados de forma estratéxica en diferentes rexións da Península Ibérica. Esencialmente son centrais hidroeléctricas en España e parques eólicos en España e Portugal.

Viesgo Distribución distribúe electricidade nas Comunidades Autónomas de Cantabria, Asturias, norte de Castela e León e Galicia, onde a compañía conta cunha infraestrutura duns 33 000 km de rede para dar servizo a unha base de máis de 680 000 clientes.

Viesgo Enerxía, S.L. a división de comercialización da compañía, xestiona os contratos de subministro eléctrico e de gas en todo o territorio peninsular.