A nosa historia

1

A adquisición por parte de Viesgo dun 44,94 % adicional do capital de Begasa, ata o de agora baixo a titularidade de Gas Natural Fenosa, é o fito máis recente na historia da compañía de distribución de enerxía eléctrica, con sede en Lugo e cuxas orixes remóntanse a 1931.

2

Tras iniciar a súa actividade no eido da comercialización de enerxía eléctrica procedente da central hidráulica asturiana de Doiras, en 1935 adquiriu Eléctrica Lucense, compañía fundada en 1889 polos irmáns Carro e a cargo da central hidroeléctrica de Piago, a beiras do río Miño.

En paralelo, a compañía levou a cabo unha aposta ininterrompida pola innovación, concretada por exemplo na incorporación en tempo récord dos contadores intelixentes, que xa substituíu nun 97,4 %, fronte á media nacional do 43 %; o desenvolvemento dun proxecto de calibración dinámica de liñas para optimizar a capacidade de transmisión de redes malladas a través da monitoraxe das condicións climatolóxicas nas que operan; ou mediante a integración innovadora da enerxía eólica na súa rede, que redundou en beneficio dos seus clientes.

3

A esa estratexia e talante innovador débese a actual proposta de valor de Begasa aos seus preto de 170 000 clientes: unha rede de 9000 quilómetros, unha inversión continua na mellora do seu servizo –de máis de 93 millóns de euros só nos últimos 5 anos–, e un aumento sostido dos seus índices de calidade, concretado nun aumento do seu índice TIEPI* do 11 % durante os últimos 12 meses –o seu mellor segundo mellor resultado nos últimos 10 anos pese a que se produciu nun período de abundantes temporais de vento e neve–.

Para Viesgo, pola súa banda, a ampliación da súa participación en Begasa consolida o grupo como cuarto operador de distribución en España, e permítelle expresar dun modo claro e preciso o seu compromiso por investir en España no longo prazo e ampliar a súa aposta por unha compañía que, pese á súa dimensión independente, xa forma parte do seu ADN.