Política de privacidade e Xestión de Cookies

Política de privacidade

Ámbito de aplicación da Política de Privacidade

A presente Política de Privacidade aplícase só a esta páxina web e non ás páxinas web propiedade de terceiros. Dende esta web poderemos facilitar enlaces a outras páxinas web que consideramos de interese para os nosos visitantes. O noso desexo é garantir que as ditas páxinas manteñen os estándares máis elevados. Con todo, debido á propia natureza da Internet, non podemos garantir os niveis de privacidade das páxinas web coas cales enlazamos, así como tampouco responsabilizarnos dos contidos das páxinas que non sexan a nosa propia. A presente Política de Privacidade non está dirixida para a súa aplicación en calquera páxina coa que manteñamos un enlace e que non pertenza a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (“Begasa”).

Desenvolvemento da Política de Privacidade

Informámoslle que, ao longo da súa visita á páxina web de Begasa, o noso servidor web recollerá e analizará os seguintes datos relativos á visita: o nome do provedor do seu servizo de Internet, a páxina web dende a que accedeu á nosa páxina web, as páxinas que consulte dentro do noso sitio web, o volume de datos transferidos, así como os datos e a duración total da súa visita. A dita información, que terá un carácter anónimo de tal forma que non poida asociarse en ningún caso con vostede, será solicitada unicamente con propósitos estatísticos e de mantemento e control da seguridade dos nosos sistemas..

Informámoslle que, ao longo da súa visita á páxina web de Begasa, o noso servidor web recollerá e analizará os seguintes datos relativos á visita: o nome do provedor do seu servizo de Internet, a páxina web dende a que accedeu á nosa páxina web, as páxinas que consulte dentro do noso sitio web, o volume de datos transferidos, así como os datos e a duración total da súa visita. A dita información, que terá un carácter anónimo de tal forma que non poida asociarse en ningún caso con vostede, será solicitada unicamente con propósitos estatísticos e de mantemento e control da seguridade dos nosos sistemas.

En calquera caso, o usuario responderá da veracidade dos datos facilitados, reservándose Begasa o dereito a excluír dos servizos rexistrados a todo usuario que facilite datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito.

Lexitimación do tratamento dos datos

Unicamente recolleremos aqueles datos persoais que vostede desexe revelarnos voluntariamente, e, de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos así como en materia de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, comunicámoslle que os devanditos datos persoais achegados no momento do seu rexistro, ou calquera outro facilitado a Begasa para o seu acceso a algúns dos servizos da web (subscrición a foros, chats, concursos,...), serán incorporados a ficheiros titularidade desta empresa, coa finalidade de facilitar a prestación dos servizos solicitados, para a correcta identificación dos usuarios que solicitan os devanditos servizos, para a realización de estudos estatísticos dos usuarios rexistrados en “www.begasa.es” que permitan deseñar melloras nos servizos prestados, para a xestión de tarefas básicas de administración, así como para mantelo informado, ben por correo electrónico ben por calquera outro medio, de novidades, produtos e servizos relacionados con Begasa ou con terceiras empresas colaboradoras.

Begasa considera, agás comunicación expresa pola súa banda nos vindeiros 30 días, seguindo o procedemento que se indica de seguido (ver Dereitos dos afectados), que vostede presta o seu consentimento para que Begasa lle remita comunicacións comerciais a través do correo electrónico ou dun medio equivalente, e para que ceda os seus datos ao resto de empresas que a conforman, coa única finalidade de mellorar a prestación dos servizos pactados, respectando, en todo caso, a lexislación española sobre protección dos datos de carácter persoal.

Protección dos datos

Begasa comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de tratalos con confidencialidade, e asume, para estes efectos, as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e demais lexislación aplicable.

Co devandito fin, Begasa adopta todas as medidas razoables, tanto técnicas como organizativas, para asegurar que os datos que lle sexan revelados a Begasa estean protexidos fronte á manipulación accidental ou deliberada, a perda, a destrución ou o acceso por parte de persoas non autorizadas. Revisamos constantemente as nosas medidas de seguridade para asegurar que se atopen sempre ao día.

Dereitos dos afectados

Calquera usuario rexistrado pode exercer, en calquera momento, o dereito a acceder, rectificar e, no seu caso, cancelar os seus datos de carácter persoal fornecidos, ou a anular os consentimentos tácitos para o tratamento e cesión dos seus datos que anteriormente se recolleron, mediante petición por escrito dirixida a Begasa, Apartado de correos n.º 95 39080 - Santander ou ben mediante o envío dun correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , achegando en ambos os casos a esta solicitude, copia do seu DNI ou CIF.

Se ten dúbidas ou precisa calquera aclaración respecto da Política de Privacidade de Begasa ou do tratamento dos seus datos, pode pórse en contacto co Responsable de Protección de datos a través, igualmente, do seguinte enderezo de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Xestión de Cookies

En certas páxinas, Begasa utiliza cookies para personalizar algúns servizos para vostede.

¿Que son as cookies??

Unha cookie é un ficheiro que se descarga na súa computadora ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma na que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer o usuario. Os datos recollidos por medio de cookies son anónimos.

¿Que tipos de cookies utiliza esta páxina web?

As cookies que utiliza esta páxina web son as chamadas cookies de análise: son aquelas que, tratadas por nós ou por terceiros, permítennos cuantificar o número de usuarios e así realizar a medición e a análise estatística da utilización que fan os usuarios do servizo ofertado. Para iso analízase a súa navegación na nosa páxina web co fin de mellorar a oferta de produtos ou servizos que lle ofrecemos. Estas cookies son totalmente anónimas e a información que conteñen non pode ser en ningún caso asociable a vostede.

Comunicámoslle que pode configurar o seu buscador para avisarlle cando unha páxina web estea usando cookies. Igualmente informámoslle que ten a posibilidade de impedir a xeración de cookies, mediante a selección da correspondente opción no seu programa navegador. A continuación indicámoslle como pode inhabilitar a xeración de cookies, ou eliminar as cookies xa xeradas, nos navegadores máis utilizados:

  • Internet Explorer: Ferramenta -> Opcións de Internet -> Privacidade -> Configuración. Pode consultar o soporte de Microsoft, pulsando aquí..
  • Firefox: Ferramenta -> Opcións -> Privacidad -> Historial -> Configuración Personalizada. Pode consultar o soporte de Mozilla,pulsando aquí.
  • Chrome: Configuración -> Mostrar opcións avanzadas -> Privacidade -> Configuración de contido. Pode consultar o soporte de Google, pulsando aquí.
  • Safari: Preferencias -> Seguridade. Pode consultar o soporte de Apple,pulsando aquí.
  • A empresa non se responsabiliza de que a desactivación das cookies impida ou dificulte o bo funcionamento da páxina.